Enquisa Mobilidade

A piscina de Vilalba abre a inscición para os cursos de natación

Ata o vindeiro 12 de outubro permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos de natación da piscina municipal de Vilalba. A solicitude de inscrición formalízase na recepción da piscina municipal.

En aplicación das normativas sanitarias vixentes, as recomendacións sectoriais e seguindo unha liña de coherencia para evitar a propagación da covid-19 na que prima a seguridade e a saúde dos usuarios, entre outras medidas, a oferta de prazas redúcese nun 66%, pasando das 310 prazas habituais a 106 neste curso 2020-21.

Os cursos están limitados a 4 alumnos por monitor. Para obter unha destas prazas limitadas establécense os seguintes criterios: en primeiro lugar a antigüidade do alumno e en segundo lugar sorteo. Neste sorteo determinarase a letra do primeiro apelido para ordenar as prazas.

De forma moi resumida, as clases serán de 40 minutos, con 10 minutos antes e despois para cambiarse, non estando permitido o uso das duchas. Entre cada quenda de uso, haberá 10 minutos de limpeza/desinfección na instalación na que non se permitirá presenza de usuarios/as na mesma.

A oferta de cursos completa e todas as normas do protocolo da piscina municipal.

Etiquetas