Skip to main content
Actualidade

As Pontes destinará 111.300 euros ás axudas directas para paliar o impacto da covid-19

Por 9 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes publicou hoxe a resolución definitva das axudas do Plan Municipal de Reactivación Económica e Laboral do Concello das Pontes (Aprel 2020), destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral, derivado da crise sanitaria provocada polo covid-19 sobre as microempresas e persoas autónomas do Concello das Pontes, as que destinarará un total de 111.300 euros.

Presentáronse un total de 228 solicitudes das cales o 90% resultaron beneficiarias, concedéndose en todos os casaso, a máxima coantía económica estipulada nas bases. Os listados definitivos das axudas concedidas poden consultarse na páxina web do Concello.

Ana Pena, responsable de Industria lembrou que “ desde o Concello das Pontes entendemos da situación que están atravesando as empresas e as persoas traballadoras neste proceso de recuperación polo que intentamos ser o máis áxiles posibles na resolución desta convocatoria dirixia a paliar os efectos da crise económica e laboral provocada pola pandemia, e contribuír na recuperación dos índices de emprego e actividade empresarial do municipio, que conta hoxe con máis de 700 autónomos e microempresas de todos os sectores”.

Por outra banda, Ana Pena, adianta que “desde o Concello das Pontes habilitaremos unha nova convocatoria de xeito inmediato, para asegurar que as axudas chegan ao 100% dos veciños e veciñas solicitantes que viron seriamente prexudicada a súa actividade económica e laboral por mor da pandemia ”

APREL
O Plan Municipal de Reactivación Económica e Laboral do Concello das Pontes (APREL 2020), destinadas a paliar o impacto económico, social e laboral, derivado da crise sanitaria provocada polo COVID 19 sobre as microempresas e persoas autónomas do Concello das Pontes conta con dúas liñas de achegas; unha cota fixa de 600 euros para persoas físicas e xurídicas afectadas polo peche dos seus establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modifica o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo e outra liña, cunha cota fixa de 500 euros, para aquelas persoas autónomas ou micropemes que sufriran unha redución da súa facturación de polo menos o 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do Estado de Alarma.

Entre os gastos subvencionables atópanse a cota da seguridade social, arrendamentos e canons, reparacións e conservacións, servizos profesionais independentes, gastos de subministración (auga, luz, gas ou teléfono) o outros gastos como útiles de desinfección, cotas de préstamos ou amortizacións.