O Vilalbés medirase o sábado ao Deportivo B no Trofeo President

O estadio municipal da Magdalena de Vilalba acollerá este sábado, 10 de outubro, a XXIII edición do Trofeo President, no que participarán o Deportivo B e o Rácing Club Vilalbés.

O partido terá lugar ás 17.00 horas e para respectar a situación sanitaria actual, haberá aforo limitado respectando a orde de chegada e será obrigatorio uso de máscaras. Ademais, a organización asegura que non se permitirá o acceso a persoas con temperatura corporal maior de 37,5º e haberá que permanecer sentados durante todo o encontro. Tampouco estará permitido fumar.

Este torneo, de fonda tradición na vila e dedicado ao patrocinador do club, estivo en perigo de non celebrase debido á situación sanitaria.

Etiquetas