O CD As Pontes e o Esteo FS retrasan o inicio dos adestramentos da base

As xuntas directivas do CD As Pontes e do Esteo FS, clubs que están iniciando un proceso de fusión, fixeron un comunidado conxunto no que se informan da deicisión de non iniciar polo momento os adestramentos dos equipos de base. Aseguran que “a nosa absoluta prioridade é a seguridade de todas e cada unha das persoas que integran os nosos clubs”, referíndose tanto á seguridade sanitaria como xurídica, “e esta non parece definida claramente”.

Indican tamén que “non existe un protocolo viable de cumprir que achegue a seguridade sanitaria e xurídica para unha axeitada celebración de adestramentos sen competición nas categorías de base” polo que consideran “temerario” iniciar os adestramentos.

Engaden tamén que están a preparar as instalacións para cando se decida volver aos adestramentos e ás competicións con organigramas e metodoloxías de traballo para esta nova situación.

Etiquetas