Enquisa Mobilidade

O equipo sénior do Vilalba FS, listo para a nova tempada

O equipo senior masculino do Vilalba FS de Terceira División comezou xa os seus adestramentos, adaptados á nova norma sanitaria e para esperar o inicio da tempada 2020/21.

Respecto á tempada anterior o Valdesuso Peugeot Vilalba FS tivo as baixas de Iago, Asier, Jose López, Pablito Villar, Xosé e Ayalita. Por outra banda, renovaron Juan Rivero, Nuno, Iván Gago, Antón, Aitor, Paulo e Chafa que rematou a etapa de xuvenil, a eles hai que engadir as incorporacións de Coe, Fede, Iago Fariñas, Mario e Isma aínda que non se descarta algunha outra fichaxe. Facendo a pretempada tamén están tres xogadores do equipo xuvenil: Adrián, Hugo e Tini. Outra novidade no corpo técnico é a incorporación de Leo e Miguel para axudar ao adestrador Quini o cal comeza a súa segunda tempada no banco vilalbés.

Por outra banda o equipo senior feminino e o xuvenil agardan a saber si haberá competición para iniciar os adestramentos.

Etiquetas