Skip to main content
Actualidade

O CD Castro contará este ano con equipo novo na categoría benxamín

Por 11 Outubro, 2020Sin comentarios

O CD Castro contará esta tempada inusual cunha nova categoría, os benxamíns, da que carecía en tempadas anteriores.

O club, que xa comezou o adestramento da base superou xa as cen licencias federativas (103), asegurou que aínda non coñece datas de inciio de competición  pero que o club “está a cumprir ao 100% todos as medidas sanitarias, coa implantación de un protocolo de actuación para a realización de adestramentos con total garantía”.

O club agradeceu tamén aos pais o esforzo que están a facer por cumprir o protocolo sanitario “que nos axudan en todo momento a levar a cabo o noso traballo o mellor posible, o cal agradecemos e valoramos moito”.