Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

O Insuas do Miño de Rábade aposta pola continuidade

Por 11 Outubro, 2020Sin comentarios

Outro dos conxuntos que espera o inicio da tempada é o Insuas do Miño de Rábade FS, que xa ten o equipo listo para seguir loitando polo ascenso dende Preferente.

O conxunto sumou novas formas esta tempada como a incorporación de Xico, que se incorpora dende o Begonte, onde conseguiu o ascenso a pasada tempada a Terceira División. Tamén se incorporoou Diego Díaz, que conta con experiencia no fútbol sala xa que xogou en categorías inferiores en Cospeito e no xuvenil do Esteo FS de división de honra, ademáis de militar en varios equipos de fútbol campo tanto en categoría xuvenil como sénior.

Pola contra deixan o equipo por motivos laborais David Lage e renovaron Josito, Antón, Chechu, Marcos, Michael, Martín Novo, Suso e os campitán, Adri Varela, Sergio e Javi.

Christian Costoya continuará dirixindo ó equipo durante a tempada 20/21.