O CD As Pontes inclúe dous xuvenís do Ferrol nas súas filas

O CD As Pontes apuntalou estes últimos días o seu plantel con dúas novas incorporacións antes de comezar a competir nesta nova campaña 2020-21.

O clube pontés que así reforzado con dúas xoves promesas, o media punta Iñaki Leonardo e do dianteiro Alex Del Río, procedentes ambos do Rácing de Ferrol xuvenil de División de Honra.

O equipo azulón está inmerso na breve pretemporada previa ao inicio de Liga, con triunfo ante o Rácing Xuvenil (4-0), empate en Viveiro (2-2) e derrota en Paiosaco (1-0).

Etiquetas