Bonos consumo Vilalba

Outeiro de Rei celebra unha xornada contra a violencia sexual o venres 23

O Concello de Outeiro de Rei acollerá o stand do Programa #Agresiónoff 2020: Ei digo non á violencia sexual, onde se celebrarán obradoiros e actividades lúdicas, tanto para persoas adultas coma para nenos e nenas, co fin de sensibilizar e previr a violencia sexual.

Este stand instalarase á carón da casa do Concello e estará á disposición da poboación durante o venres 23 de outubro de 2020 en horario de 12.00 a 18.30 horas.

Haberá obradoiros para adultos e para nenos. Os maiores diporán de oito con título moi suxerentes como Canto de esterotipada está a túa mente, A ruleta do amro romántico, Non me contes contos, Onde está o límite?, Eu non necesito #filtros, Estás segur@ de premer o botón de enviar?, Kahood da igualdade. Xogo tecnolóxico on line e A información está ao alcance da túa man.

Para os máis cativos os títulos falan sobre O tótem do sexismo, Verdade ou mito, Ampiemos o decálogo contra a violencia sexual e Adiviña a adviñanza… quen está detras de cada frase?.

O obxectivo destes obradoiros é concienciar a todos os participantes das diferentes situacións que levan á violencia de xénero, a recoñecela e actuar ante cada situación.

Ademais, ao longo da intervención distribuiranse flyers co Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber en galego, castelán e inglés, así coma merchandising cos logotipos de programa.

Etiquetas