Amigus Lab organiza dúas charlas de AV con software libre

Os vindeiros sábados, 17 e 24 de outubro, a asociación informática Amigus organiza duas charlas de producción e edición de audio e vídeo con ferramentas libres, a través de streaming.

A primeira charla será o 17 de outubro, en horario de 11.00 a 12.30, na que se fará unha introdución ao podcasting con Audacity. Nesta charla falarese sobre como está o panorama do podcasting actual e sobre o que se precisa para iniciarse neste mundo, tanto desde unha forma low-cost como dunha forma máis profesional. Aparellos para gravación, software de gravación e edición, plataformas onde aloxar o teu podcast…

O día 24 de outubro, no mesmo horario, farán unha introdución á edición de vídeo con Shotcut. Nesta charla falarase sobre como iniciarse no mundo da edición de vídeo, consellos para mellorar as gravación, plataformas onde aloxar os teus vídeos…

As charlas son gratuítas, podéndoas seguir por Jitsi o Youtube. Os que usen Jitsi deberás de rexistrarte no formulario da web. En Jitsi poderase participar dunha forma máis interactiva na charla, mediante o chat ou micro con preguntas. Para os que prefiran Youtube, publicarán nas redes sociais a ligazón para seguilo o mesmo día da charla.

Etiquetas