Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle un curso fruticultura a partir do venres

Por 13 Outubro, 2020Sin comentarios

A casa do médico de Muras iniciará a súa actividade cun curso de fruticultura de 16 horas de duración que se celebrará os días 16, 17, 23 3 24 de outubor. Os dous venres as sesións serán de 16.30 a 20.30 horas e os sábados de 9.30 a 13.30.

O curso será gratuíto para os empadroados e persoas desempregadas e o resto deberá pagar 25 euros aínda que o número de prazas está limitado a dez persoas.

As persoas interesadas deberán inscribirse antes do xoves 15 de outubro no Concello de Muras chamando ao teléfono 982 500 001.

Os participantes deberán levar calzado axeitado para prácticas no exterior e o uso da máscara será obrigado para respectar o protocolo do covid-19.

A Asociación Galega da Froita Autóctona (Agfa) é a organizadora deste curso dirixido a aquelas persoas que queiras iniciarse ou mellorar os seus coñecementos sobre a produción das árbores froiteiras. O docente será o técnico Igancio Bellas, que falará sobre a morfoloxía da árbore froiteira e as técnicas de plantación; mantemento, poda e enxertado, así como das enfermidades máis habituais e o seu tratamento.