Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte FS abre as inscricións para futbol sala

Por 13 Outubro, 2020Sin comentarios
O Concello de Begonte abrirá nos vindeiros días o prazo para inscribirse nas categorías de base do Concello de Begonte Fútbol Sala. Así, poderán participar todos os pequenos e pequenas da localidade que naceran entre 2017 e 2002 para inscribirse nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
Se a situación o permite, os adestramentos darán comezo en novembro seguindo estrictamente todos os protocolos e as recomendacións sanitarias.