Enquisa Mobilidade

José Cuba debuta na loita praia cun quinto posto

José Cuba Vázquez, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, rematou no quinto posto no campionato mundial de Loita Praia, celebrado en Sarigerme (Turquía).

O vilalbés estreábase nesta modalidade gañando en primeira rolda ante o rumano Trufan e en segunda  rolda ante o húngaro Borsos. Foi na terceira rolda onde caeu ante o turco Mete quedando fóra da loita polas medallas pero subindo a un 5º merecido posto na súa estrea na modalidade.

Jose Cuba acadou un dos mellores resultados da selección nacional absoluta no mundial de Turquía. Agora terá que centrarse na clasificación para os xogos olímpicos de Tokio 2020.

Etiquetas