O laboratorio de feltrado de lá de ovella volve a Pol

A Chintofanería, en colaboración co Concello de Pol, recupera o Laboratorio de feltrado de lá de ovella, na escola de Cirio.

Haberá un único grupo nesta ocasión, os sábados de 11 a 12.30 horas da mañá.

Este taller desenvolverase a cargo de Chintofanería co obxectivo de achegar o traballo artesanal da lá de ovella a través da experimentación sensorial e artística.

Os interesados en participar deberán inscribirse no 678 864 818. Ten un prezo de dez euros.

Etiquetas