Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O PM Friol faise co Trofeo Concello de Friol

Por 14 Outubro, 2020Sin comentarios

O PM Friol fíxose a fin de seman co Trofeo Concello de Friol, na súa VIII edición. O conxunto local impúxose por 4-3 a outro dos grandes da categoría o Victoria FS.

O partido serviu para coller ritmo e facer a presentación da conxunto que disputará o Reto Iberdrola esta tempada. De feito, presentaron dúas novas incorporacións, a de Lara Martínez, xogadora viguesa de 19 anos, e Nerea González Cuquejo, xogadora coruñesa de 22 anos que xa estivo na órbita do PM Friol os últimos anos.

Como xa estaba anuncuado, o equipo conta co regreso de Marta López, tras un ano alonxada dos campos. No capítulo de renovacións figura Natalia Llames, Goretti, Mushu, a máxima goleadora da tempada pasada Lucía Pardo e Fanny Varela, entre outras.

Na de fixaches está a incorporación de Sara García, porteira abulense de 21 anos que procede do Real Oviedo, ou a de Noelia Díez, defensa do Parquesol de 22 anos, así como da tamén defensa madrileña Noemí Andrés Laguna.

Entre fichaxes internacionais está Amani Bernadette, internacional absoluta con Costa de Marfil; ou María Monterroso, dianteira internacional con Guatemala. A elas sumouse Agnes Marie Claire Nkada, internacional con Camerún que, aos seus 25 añnos ten unha ampla traxectoria profesional.