Cantar Delas actúa o domingo en Guitiriz

O grupo Cantar Delas actuará o próximo domingo 18 de outubro na Casa Habanera de Guitiriz dentro dun ciclo baixo o lema Mulleres libres, sempre. Terá lugar a partir das 19:00 horas pero o acceso ao local será quince minutos antes.

Neste concerto faise un percorrido pola música dende o século XIII ata o século XX. Cada peza vai precidida dunha presentación de personaxes femininos que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes na vida cotiá sen saber a razón pola que pasaron á historia.

O obxectivo deste concerto é dar a coñecer a estas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contras as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas, etc.

Os interesados en participar poderán facelo anotándose antes do 16 de outubro no teléfono 982 370 109 ou no correo info@concellodeguitiriz.com.

Etiquetas