Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle este domingo unha actividade de iniciación aos deportes de aventura

Por 15 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Muras acollerá este domingo, 18 de outubre, unha actividade de iniciación aos raid de aventura por parellas que se desenvolverá na área recreativa da Veiga.

A actividade desenvolverase a partir das 10.00 horas e constará dun percorrido de 20 quilómetros, dos que 12 serán en BTT, 5 en trekking e 3 en kayak.

Está prevista unha participación máxima de 15 parellas e como requisito importante os menores de 12 anos deberán estar acompañados por un maior.

Os participantes deberán levar bicicleta de montaña, casco, zapatillas de correr, brúxula, vestimenta adecuada para cada proba, chubasqueiro, comida e ropa seca para cambio.

A organización pola súa banda proporcionará o kayak dobre, palas, chaleco salvavidas, mapas e o seguro.

Como non podía ser outro xeito, será obrigado o uso de máscaras antes e ao finalizar cada actividade, tomarase a temperatura e será obrigada a desinfección con xel hidroalcólico.

Esta sesión está organizada por Marmar Outdoor.