Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade acolle un taller de Clipmetraxes durante os próximos sábados

Por 15 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Rábade acollerá os próximos sábados, 17 e 24 de outubro, un taller de creación audiovisual de mucroclips co teléfono móbil que leva por título Clipmetraxes.

Esta actividade desenvolverase no centro sociocultural de Rábade en horario de 10.00 a 13.30.

Para participar será precisa a inscrición previa, xa que as prazas son limitadas. Esta deberá facerse no Concello ou na propia web dentro do Programa Rábade en Igualdade.

O prazo para inscribirse remata o venres 16 ás 10.00 horas. Ofrecen máis información no teléfono 982 390 062.