Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz presenta o seu programa cultural de Outono

Por 16 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz presentou o seu ciclo de actividades culturais baixo o nome Outono Cultural 2020.
O ciclo tiña previsto dar comezo o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa actuación Cantar Delas pero debido ás últimas restricións anunciadas pola Consellería de Sanidade da Xunta quedou adiado ata novo aviso.
A axenda acolle un total de cinco actividades que tiñan previsto realizarse durante os meses de outubro e novembro pero, tras as novas limitacións, todas elas quedan pendentes de confirmar as súas novas datas.
As actividades poderán consultarse no cartel do programa e todas elas, a excepción do pasarúas do Grupo Caivanca, realizaranse na Casa Habanera, unha vez se levanten as restricións.
As actuacións levaranse a cabo seguindo as condicións sanitarias que delimita o protocolo covid-19. Deste xeito, será preciso formalizar a inscrición, firmar a declaración responsable, así como usar xel hidroalcólico á entrada e saída do recinto. Deberá respetarse, en todo caso, os asentos asignados para gardar a distancia de seguridade pertinente.