Visita de Alume á biblioteca de Guitiriz

Os usuarios e usuarias da Asociación Alume Saúde Mental de Guitiriz visitaron onte a Biblioteca Pública Municipal da Casa Habanera, unha actividade enmarcada dentro da programación prevista pola celebración do Día das Bibliotecas do 24 de outubro.

Ademais de familiarizarse cos recursos da biblioteca e fomentar o hábito da lectura e a integración social, propúxoselles unha actividade: organizados en grupos, os participantes tiveron que localizar nos andeis, entre os libros, as palabras dunha frase e para poder lela tiveron que unir todas como se fosen as pezas dun quebracabezas.

Etiquetas