O hectómetro dedicado a Fernán Vello erixirase o día 24 no paseo dos Soños

A erección dun novo Hectómetro Literario no Paseo dos Soños (o número XIV), por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María, previsto para abril, celebrase finalmente o sábado 24, ás 12.00 horas. Ao pé desta obra do escultor Valdi vai haber varias intervencións literarias e musicais.

O monolito estará dedicado ao creador chairego Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor. Debido á situación sanitaria suprimeuse a táboa redonda na casa da cultura de Vilalba, na que ían intervir poetas chairegos e estudosos da súa obra, que os organizadores agardan poder celebrala na primavera arredor do Día da poesía.  

No Paseo dos Soños de Vilalba teñen xa cadanseu Hectómetro Literario Paco Martín, Manuel María, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Carballo, Margarita Ledo, Helena Villar-Xesús Ràbade, Xosé Chao Rego, Ramón Luis Chao, Xulio Xiz, Mini e Mero, e Alfonso Blanco Torrado.

Etiquetas