Presentación do novo libro de Pablo Veiga

O colaborador deste xornal Pablo Veiga presentará este venres en Lugo o seu segundo libro, A marcha de Anxo. O acto terá lugar ás 20.00 horas do 23 deste mes nas instalacións do Vello Cárcere da capital.

Previamente, ás 18.00 horas firmaré venderá exemplares na librería Balmes de Lugo. O libro pode adquirse xa en www.pasarelaprovisional.com.

Esta é a primeira novela do friolés Pablo Veiga, que ademais está ilustrada por Paula Fernández. O primeiro libro publicado por el foi precisamente unha recompilación dos seus artigos neste diario.

SINOPSE

Último domingo do mes de agosto. Un neno de nove anos, Anxo, que vive nas aforas dunha vila galega, decide dar una volta en bicicleta polo entorno onde desenvolveu a súa vida antes de que chegue a noite. Comenza unha viaxe no tempo, lembrando aqueles personaxes e hitorias que formaron parte da súa existencia.

Mañá, Anxo e a súa familia deixan a casa onde viven en marchan para outro lugar, lonxano e moi diferente, onde empezarán unha nova andaina.

Etiquetas