Abadín organiza obradoiros de igualdade para os pequenos

O Concello de Abadín organiza unha actividade coeducativa co obxecto de erradicar os estereotipos e a violencia de xénero e de promover a igualdade e a resolución pacífica de conflictos. Realizarase un programa lúdico coeducativo que consta de catro obradoiros onde se traballa con cine, baile, teatro e radio promovendo a creatividade, a comunicación e a interpretación mediante o emprego das TIC´s e o aprendizaxe cooperativo.

Esta actividade, enmarcada e cofinanciada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, estará dirixida ao alumnado do Ceip Aquilino Iglesia Alvariño e realizarase do 26 de outubro ao 4 de novembro de 2020 no salón de actos municipal. Estará impartida por Pilar Porral, experta en igualdade.

Durante a realización destas actividades cumpriranse coas medidas de prevención para evitar o contaxio do Covid-19.

Etiquetas