Abre o prazo nas Pontes para as axudas na organización das festas en barrios e parroquias

O Concello das Pontes abre o prazo para solicitar achegas para as festas parroquiais e de barrio do ano 2020.

A finalidade destas subvencións é favorecer a promoción e mantemento das manifestacións culturais populares que se celebran en toda a vila e que permitan a participación e goze xeral da veciñanza

As achegas están destinadas a cubrir os gastos derivados da organización de actividades culturais e de confraternidade, carteis promocionais, publicidade, actividades infantís así como o custe dos seguros de responsabilidade civil ou o aluguer das infraestruturas necesarias para o desenvolvemento da programación das festas. A súa contía será dun máximo de 1.000 € por solicitude, cun importe máximo no total das solicitudes de 3.000€.

Poderán beneficiarse destas achegas as comisións de festas en parroquias ou barrios, de carácter tradicional e contrastada continuidade que reúnan os requisitos establecidos no artigo 3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro.

Para acceder a estas subvencións é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/es/index.html, cumprimentada polo persoa que actúe en nome ou representación da persoa xurídica solicitante, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 2 de novembro.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 171, con data 14 de outubro 2020 ou na páxina web www.dicoruna.es

Etiquetas