Skip to main content
ActualidadeXermade

A biblioteca de Xermade volve convocar o concurso das Letras Galegas

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

A biblioteca de Xermade vén de convocar unha nova edición do concurso de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2020, adicadas este ano a Ricardo Carvalho Calero, que nesta ocasión versarán sobre o tema xenérico Xermade, o meu pobo.
Como en edicións anteriores, haberá tres categorías (menores de 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos) e poderase presentar como máximo dous traballos por persoa: un de debuxo e outro de narración, xa que haberá en cada categoría as dúas variables.
O prazo de presentación remata o 15 de novembro. O lugar para entregar as narracións e os debuxos será a Biblioteca Municipal en horario de tarde, de 3 a 9. As obras só levarán o título e opcionalmente un pseudónimo, non podendo ir anotado ningún outro dato persoal. Eses datos persoais de autoría cubriranse nun anexo aparte que adxuntaremos á obra presentada.
Haberá 12 premios: dous de debuxo e outros dous de narración por cada categoría.
Os agasallos serán vales por importe de 60 euros, para trocar  no establecemento colaborador que se indicará no anuncio de publicación dos premios.