A doazón das dietas dos concelleiros socialistas de Abadín investiuse en mobiliario para a ludoteca

“A política ten que contribuír a mellorar a calidade de vida de todos os nosos veciños e veciñas, máxime nunha situación tan complicada coma a que estamos a vivir durante esta pandemia. Por iso dende a Agrupación Socialista de Abadín quixemos aportar o noso pequeno grao de area co fin de axudar ao noso colexio público”, avanzou o voceiro socialista, Pablo Díaz López .

Explicou que cos 400 euros de dietas do mes de xullo, que corresponden aos 4 concelleiros socialistas “decidimos arrimar o ombreiro para saír adiante nestes tempos, e propuxemos doar as nosas dietas para os 60 escolares da vila”.

“Hoxe recibimos as fotos da Dirección do Colexio do CEIP Aquilino Iglesia Alavariño de Abadín, encargada de adquirir o material, coas que podemos comprobar a inversión das nosas aportacións para a compra de mobiliario para a ludoteca do colexio, con novas estanterias, mesas, sillas, pufs así como novos libros para os alumnos de primaria”, explicou Díaz.

“Estamos moi orgullosos de poder contribuír a adquirir novo material aos nosos nenos e nenas, e queremos aproveitar para felicitar a toda a dirección do colexio de Abadín que está traballando a reo para saír adiante nesta situación. Podedes contar con nós para seguir apostando por unha educación publica e de calidade”, resumiu.

Etiquetas