Guitiriz celebra o Día das Bibliotecas cun recital poético

Este sábado, 24 de outubro, conmemórase o Día das Bibliotecas e desde o Concello de Guitiriz hai programado un recital de poesía para celebralo. Leva por título Amores Poéticos e terá lugar ás 19:00 horas na Casa Habanera.

O recital estará a cargo de Alma Seleme, que poñerá a voz, e José Manuel Brea, que farse cargo da guitarra.

O evento emitirase en directo, a partir das 19.00 horas, a través do Facebook do Concello.

Etiquetas