Muras acolle dúas sesións de maxia esta fin de semana

A maxia estará presente esta fin de semana en Muras coa alquimia de Mago Teto e o obradoiro de Pedro Bugarín na Casa do Médico este sábado e domingo, respectivamente.

Héctor Guerra (Mago Teto) é un dos magos máis veteranos e relevantes a pesar da súa xuventude. Habitual na televisión goza de gran popularidade e traballa tanto espectáculos de rúa (como O Afiador), gran formato para teatros (A Maxia da Santa Compaña) e todoterreos como o seus clásicos ʻTolemaxiasʼ e “Perto de Ti”. Estará a partir das 18.00 horas para un máximo de dez persoas.

E o coruñés Bugarín leva a primeira fila trucos tan clásicos como abraiantes con bo humor e sorpresas. Este estará a partir das 17.00 horas para nenos a partir dos seis anos.

A entrada é de balde pero o aforo máximo é de 10 persoas polas medidas sanitarias Covid-19. Por iso cómpre reservar chamando ao concello ao 982 500001.

Etiquetas