Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Nova sesión de contacontos na biblioteca de Riotorto

Por 22 Outubro, 2020Sin comentarios

O salón de actos do centro sociocultural Avelino Díaz acollerá mañá, 23 de novembro, ás 18.30 horas, a representación do conto A maxia de Mary Poppins, con Leo Leíño.

Cancións, números de maxia e o conto dramatizado coa colaboración de nenos e adultos asistentes, fan parte desta actividade de animación á lectura da campaña Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia. Esta é a terceira programada para este outono.