Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Ceip Lagostelle celebrará obradoiros contra a violencia e o Samaín

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

A anpa do Ceip Plurilingue Lagostelle de Guitiriz organiza, en colaboración co claustro de profesores, para todo o alumnado do centro o programa Coeducando no rural, ó abeiro das Axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Do luns 26 ou mércores 28 o alumnado desfrutará, durante o horario lectivo, duns obradoiros impartidos polo persoal de Atalia Social e Arabías S. Coop. Galega. Estes obradoiros foron adaptados para cumprir con todas as medidas sanitarias que marca o protocolo da covid-19.
E para o xoves 29 de outubro, de 16:30h a 18 horas, esta previsto un obradoiro conxunto para proxenitores, fillos e fillas que ía realizarse no pavillón municipal, gracias a colaboración do Concello de Guitiriz. Pero que por mor da entrada da comunidade galega no nivel 2 de alerta sanitaria e o impedimento de reunirse máis de 5 persoas pasará a celebrarse on line a través da plataforma Zoom.
As actividades programadas serán diferentes dependendo dos cursos. Así, para infantil impartirase Que contades en Ed. Infantil?
Nos dous primeiros cursos de Primaria seguirase o programa Educando no lecer mentres que os de terceiro terán Autoestima e identidade e os de 4º Bo trato para o noso Benestar.
Finalmente, os de quinto terá unha sesión de Educación afectivo-sexual como prevención das violencias e os maiores terá un que fala de Coeducar tamén é nomear.
SAMAÍN
Por outra banda, o venres 30 de outubro pola mañá, có gallo da celebración do Samaín, o alumnado e o equipo docente do Ceip Plurilingue Lagostelle desfrutará dunha actuación do grupo de música tradicional de Vilalba Buxos Verdes da Chaira. A actuación xestionada pola anpa Lagostelle enmarcase dentro do programa Musiqueando promovido pola Deputación Provincial de Lugo.
Para garantir o cumprimento das medidas impostas polo protocolo da covid-19, e grazas á colaboración do Concello de Guitiriz, a actuación levarase a cabo no pavillón municipal de Guitiriz.