Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Prepara unha homenaxe para o primeiro director do Insua Bermúdez de Vilalba

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

Ex alumnos e profesores do Ceip Insua Bermúdez de Vilalba preparan unha homenaxe ao que foi o primeiro director do centro, José Antonio Varela Veiga, que morreu o pasado día 2 en Lugo. Unha comisión quere lembrar o seu paso polo colexio, e para iso colocarán unb monolito nos xardíns do coloxio o día 26 de decembro nun acto simbólico.

Para custear os gastos, que inclúen o traslado da pedra e a realización dun gravado a cargo do canteiro Marcos Ladra, abriuse unha conta bancaria (ES04 2080 0348 3730 4001) na que admiten donativos ata o 25 de novembro. A contía mínima é de cinco euros. Os promotores do acto explican que se se recada máis diñeiro do necesario para os gastos, o que sobre se entregará á biblioteca do colexio.