Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba demanda á Xunta un convenio para xestionar o comedor da EEI e o Mupav

Por 23 Outubro, 2020Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, mantivo a primeira reunión oficial co novo delegado da Xunta na provincia de Lugo, Javier Arias, ao que lle trasladou as principais demandas municipais ao goberno autonómico.
Entre elas, a sinatura urxente do convenio para a xestión do comedor da Escola de Educación Infantil de Vilalba, “un servizo necesario para a conciliación da vida familiar e laboral”, sostén a alcaldesa, polo que “é preciso iniciar o antes posible a prestación do mesmo, aprobado por unanimidade entre os grupos políticos municipais”.
O Concello de Vilalba xestionará de forma directa o comedor, que contará con 49 prazas, pero para elo necesita asinar un convenio de colaboración coa Xunta. Veleiro e Arias falaron tamén da posibilidade de poñer en macha un servizo de madrugadores nos centros educativos.
Por outra parte, a alcaldesa pediulle ao delegado da Xunta colaboración para potenciar o Museo de Arqueoloxía e Prehistoria de Vilalba. “Ten que ser un traballo coordinado entre administracións, pero entre todos debemos poñer en valor o importante patrimonio que contén”, apunta Veleiro.
No encontro de traballo, celebrado nun clima de coordialidade, a alcaldesa solicitoulle tamén a Arias retomar o proxecto de cambio uso da estación autobuses, reducindo o espazo dedicado aos autobuses o necesario para prestar o servizo en condicións dignas e dedicándolle o resto a outro fin. “A nosa intención é facer ahí un Centro de Día, moi necesario no noso concello e unha prioridade do noso programa electoral; cremos que sería unha boa ubicación e unha forma de dar vida a esa zona, sen pechar otras opcións”, explica.
A situación da estación de autobuses de Vilalba tratouse xa nunha reunión a principios de ano en Lugo entre a alcaldesa e o responsable de Transportes da Xunta en Lugo, que era precisamente Javier Arias, polo que coñece os problemas das instalacions.
O concello demandoulle hoxe por outra parte a concesión do Obradoiro de emprego 2020-21; máis medios materiais e humanos para o centro de saúde, e un incremento da aportación da Xunta para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e para cubrir os custos extraordinarios en material e persoal de limpeza nos centros escolares motivado pola pandemia da Covid-19.
“Agradezo o interese e a receptividade do delegado da Xunta, confiando en que as boas intencións se convirtan en feitos o antes posible nos temas tratados, polo que quedamos en seguir traballando e colaborando; vivimos tempos complicados e as administracións deben entenderse polo ben da cidadanía”, engade Veleiro.