Bonos consumo Vilalba

A Xunta dá luz verde á cooperativa Canal IV nas Pontes

A Cooperativa Canal IV obtivo, un mes despois da súa aprobación provisional polo pleno do Concello das Pontes, a aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias do Canal IV, por parte da Consellería de Medio Ambiente.

Esta modificación permite axeitar a norma urbanística do ámbito da Canal IV, vixente desde o ano 1985, momento no que os terreos estaban ocupados pola antiga explotación mineira, transformándoo de rústico a solo urbanizable e facendo posible a construción de 100 vivendas, en réximen de cooperativa, proxecto que suporá unha inversión de 20 millóns de euros.

Deste xeito, este ámbito urbanístico axustarase á realidade dun espazo que se atopa en contacto coa malla urbana da vila, rodeado de viarios e beirarrúas, sen quitarlle edificabilidade a ningún ámbito urbanístico do concello das Pontes e permitindo a execución dun proxecto estratéxico e de interese público para o municipio.

Esta modificación dalle responsta resposta ás necesidades da veciñanza, ofrecéndolle a un centenar de familias pontesas a posibilidade de construír as súas propias vivendas, favorecendo o asentamento de poboación.

“Son cen veciños e veciñas que creen no futuro do noso pobo e que están dispostos a realizar unha das maiores inversións urbanísticas da provincia, nun momento que non é o mellor para o pobo das Pontes. A construción da cooperativa Canal IV que permitirá xerar un importante movemento económicio durante anos e contribuir a revitalizar a economía local” subliña o edil de Urbanismo, Antonio Alonso.

Ademais este proxecto lle permitirá ao Concello das Pontes obter vivendas de protección oficial, novos equipamentos, zonas verdes, sendas peonís e un novo tramo de carril bici. Así mesmo, as arcas municipais obterán un 10% do aproveitamento neto da vivendas, feitos que repercutirán de xeito positivo no conxunto de toda a veciñanza.

Etiquetas