Bonos consumo Vilalba

Manuel Sandamil pasa a presidir Fefriga e será o representante galego en Conafe

Manuel Sandamil foi elexido presidente da xunta directiva da Federación Frisona Galega (Fefriga). Ademais será o representante galego na Confederación de Asociaciones de Frisona Española (Conafe) e na asamblea de Xenética Fontao.

Sandamil ocupaba ata o de agora a presidencia de Africor Lugo e é o responsable da SAT A Vereda de Castro de Rei. Ten como tarefa principal a fusión das catro Africor galegas, un proceso que se ve longo.

A xunta directiva estará composta por:

  • Presidente: Manuel Sandamil Cabana (Africor-Lugo)
  • Vicepresidente: Fernando Suárez Mouro (Africor-Coruña)
  • Secretario: Jesús Manteiga Claro (Africor-Pontevedra)
  • Tesoureiro: Manuel Villaverde Salgueiro (Africor-Pontevedra)
  • Interventor: Gonzalo Balea Vázquez (Africor-Lugo)

Como vocais quedan:

  • Andrés Formoso Vázquez (Africor-Coruña)
  • Juan Aguiar Jorge (Africor-Ourense)
  • Antonio Pérez Castro (Africor-Ourense)

Ademais, a Asamblea General de la Fefriga queda composta por:

  • José Javier Casás Gómez (Africor-Coruña)
  • Ramón Bodelo Pichel (Africor-Coruña)
  • José Alberto Iglesia Vila (Africor-Lugo)
  • José Manuel Castro Nuñez (Africor-Lugo)
  • Domingo Antonio Vidueira Barja (Africor-Ourense)
  • Abelardo Mosquera Seoane (Africor-Ourense)
  • Miguel Madriñán Albor (Africor-Pontevedra)
  • Esteban Gestoso Bello (Africor-Pontevedra)

 

Etiquetas