Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXermadeZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Xermade acollerá en novembro unhas xornadas micolóxicas

Por 26 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará a fin de semana do 7 e 8 de novembro unhas xorndas micolóxicas nas que poderán participar un máximo de 15 persoas.

A programación dividirase en dúas xornadas, comezando o sábado cunha saída ao monte, entre 8.30 e 17.30 horas para a recollida de setas. Estará guiada polo micólogo JL Cuba con saída diante do Concello. Para esta actividade é necesario levar cesto, navalla e o almorzo.

O domingo será o tempo dos obradoiros, que se celebrarán na escola de Cabreiros entre as 11.30 e as 14.00 horas. Este estará a cargo de Antonio Díaz e consistirá nunha análise e coñecemento dos cogomelos comestibles máis comúns en Galicia, os seus métodos de conservación e receitas básicas.

Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 982 501 001. A participación ten un custe de 15 euros por persoa.