Skip to main content
ActualidadeGuitirizSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Convocada unha nova edición dos Poemas pendurados de farolas en Guitiriz

Por 27 Outubro, 2020Sin comentarios

A NPG Nova Poesía Guitirica retoma a IV edición dos Poemas pendurados de farolas que fora adicado nas tres edicións anteriores á violencia machista, os lumes e as liberdades básicas. Nesta edición será a pandemia do coronavirus a temática que debe inspirar os poemas que convertirán as rúas de Guitiriz nun poemário e as súas farolas en páxinas de poemas para a súa lectura na rúa e que como xa é tradicional serán colocadas a comenzos do ano 2021. Poesía con temática social e actual, comprometida coa realidade e creativa que cada ano sae á rúa para a súa lectura.

Cada poeta, de calquera idade ou nacionalidade poderá participar con un poema de estilo libre e en idioma galego ou portugués en calquera das súas normativas. Os poemas, de extensión máxima de un folio e en formato word, poderán ser enviados entre o 1 de novembro e o 15 de decembro aos correos npggazeta@gmail.com e dosvilares@gmail.com.

Cada poema será publicado nas redes sociais e editados conxuntamente nunha publicación dixital na web www.npggazeta.gal para a súa descarga gratuita. Na segunda fin de semana de 2021, os poemas recibidos serán colocados nas farolas do concello de Guitiriz convertindo cada unha delas na páxina dun poemario aberto monográfico arredor da pandémia que estamos a padecer para a lectura da cidadanía a pé de rúa.