Bonos consumo Vilalba

O Concello inviste 78.000 no emprego a través do programa As Pontes Emprende

O Concello de As Pontes destinará 78.000 euros ás achegas para a creación de empresas, a través dunha nova edición do programa As Pontes Emprende.

A sexta edición deste programa ten como obxectivo prioritario fomentar a actividade económica, incentivar a creación de novos proxectos empresariais e dinamizar a pequena e media empresa e ás persoas autónomas, ofrecéndolles un apoio para que poidan afrontar o reto de establecerse como traballadores/as por conta propia ou o da posta en marcha dun proxecto empresarial

Esta achega súmase aos 200.368 euros euros destinados nas edicións anteriores e que permitiron apoiar a 76 novos/as emprendedores/as e xerar máis dun centenar postos de traballo en sectores como o da agricultura ecolóxica, o comercio, a hostalaría, a construción, a carpintería metálica ou servizos profesionais.

Ana Pena, responsable de Industria e Emprego no Concello das Pontes, apunta que “con esta nova convocatoria, amosamos, unha vez máis, o compromiso do goberno local coa acrtividade emprendedora do municipio, adoptando, dentro das nosas compentencias, todas as medidas oportunas para fomentar a capacidade creativa e emprendedora dos nosos veciños e veciñas, especialmente nun ano no que a posta en marcha de novas inciativas empresarias está sendo moi complidado debido ao covid-19”.

Asi mesmo, a concelleira fixo fincapé na importancia das persoas emprendedoras na economía local: “son unha fonte de riqueza e un elemento esencial para o crecemento, a competitividade e a modernización do tecido empresarial local. Contribúen ao sostemento da economía local e son xeradores de centos de postos de traballo”.

O programa As Pontes Emprende contempla dúas liñas de actuación, ambas cun importe máximo de 2.000 euros. A liña Impúlsate está destinada a sufragar os gastos de alugueiro mentres que a través da liña Instálate cubriranse os gastos de inmobilizado material e inversión na adecuación de locais para a posta en marcha da actividade.

Estas axudas están destinadas as persoa físicas ou xurídicas, cun novo proxecto empresarial, que iniciasen a súa actividade a partir que tivesen iniciado a súa actividade dende o 1 de decembro do ano 2019.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/es/index.html, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para solicitar as achegas remata o 30 de outubro de 2020.

As bases para solicitar estas axudas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia 174 con data 19 de outubro de 2020 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes http://concello.aspontes.org/

Etiquetas