Skip to main content
ActualidadeAs PontesSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Transportistas e Endesa chegan a un acordo para o desbloqueo da central

Por 27 Outubro, 2020Sin comentarios

Os 20 camións que tiñan bloqueadas desde o pasado xoves a saídas da central térmica de Endesa nas Pontes abandonaron a súa acción de protesta esta mañá, tras chegar a un acordo coa compañía eléctrica.

A decisión tomouse en asemblea tras manter un encontro a tres bandas entre Endesa, representantes sindicais das empresas auxiliares e transportistas, que permitirán agora a retirada de dúas bombas da desulfuradora que non chegaron a instalarse no complexo na última reforma, para os grupos 3 e 4, tras solicitar o peche das instalacións.

A compañía comprometeuse a renovar de forma inmediata as probas con biocombustibles, repoñer as bombas se fose necesario no futuro e favorecer a contratación local de servizos e transportes de acordo a criterios de transición xusta e elaborar cos sindicatos unha listaxe de persoal de empresas auxiliares afectados polo eventual peche da central.

O colectivo está emprazado para as 17,00 horas deste martes a unha asemblea, no Cinema Aloví das Pontes.