Skip to main content
AbadínActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Abadín completa o reforzo do servizo de recollida de lixo con 263 contedores

Por 28 Outubro, 2020Sin comentarios

O Concello de Abadín ten perfilado xa o proxecto de reforzo do servizo de recollida de lixo coa instalación de 263 novos contedores de gran capacidade repartidos polas parroquias. Trátase de contedores de 770 litros que contarán cunha base de formigón de 1,5 por 1 metro e cun suxeita contedores de inox.

Neste proceso lévase traballando uns meses con distintas partidas que foron chegando para cambiar os contedores defectuoso e engadir novos nalgúns sitios onde se demandaba.

Este proxecto conta cun total de 147.800 euros de orzamento e contempla tamén a execución dunhas bases de formigón para ubicalos e dunha barra de aceiro inoxidable para suxeitalos.

Este proxecto está dividido en dúas partidas, unha de 98.571,20 euros financiados a través do Plan Único da Deputación que se destinará á compra de 196 contedores para as parroquias de Abadín, Abeledo, A Graña de Vilarente, Aldixe, As Goás, Baroncelle, Candia, Fanoi, Grariás, Galgao, Labrada, Montouto, Quende, Romariz e Seivane. Este realizarase nun prazo de dous meses.

Así mesmo, o resto, 49.058 euros irán para a colocación de contedores en toda a zona rural.  A obra estará financiada polo fondo de compensación e completa outra actuación subvencionada con cargo ao Plan Único. Neste caso se contempla a instalación de 67 novos contedores para Castromaior, Cabaneiro, As Goás, Corvite, Moncelos e A Graña, para colocar nun mes.