Bonos consumo Vilalba

Xa foi colocado o hectómetro dedicado a Fernán Vello

Xa foi colocado o hectometro dedicado a Fernan VelloO creador chairego Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor, conta xa co seu propio Hectómetro Literario no Paseo dos Soños de Vilalba (o número XIV), por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María. Este foi colocado malia ter que retrasar, por segunda vez, o acto de homenaxe previsto para abril e depois para o 24 de outubro.

Debido á situación sanitaria suprimírase xa a táboa redonda na casa da cultura de Vilalba na programación, na que ían intervir poetas chairegos e estudosos da súa obra, que os organizadores agardan poder celebrala na primavera arredor do Día da poesía pero finalmente decidiron aprazar todo o evento.

No Paseo dos Soños de Vilalba teñen xa cadanseu Hectómetro Literario Paco Martín, Manuel María, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Carballo, Margarita Ledo, Helena Villar-Xesús Ràbade, Xosé Chao Rego, Ramón Luis Chao, Xulio Xiz, Mini e Mero, e Alfonso Blanco Torrado.

Etiquetas