Subastan fincas en Espasande e Meilán da concentración parcelaria de Riotorto

A Delegación de Economía de Facenda de Lugo procederá á venda de fincas da concentración parcelaria nas parroquias de Espasande e Meilán, en Riotorto, mediante o sistema de subasta pública.

Trátase de tres parcelas, dúa delas en Meilán, de 9.800 metros cadrados e de 845, e outra en Espasande de 3.385.

Os que desexen participar na subasta deberán presentar oferta en sobre pechado coa poxa antes do 19 de novembro de 2020 na Delegación de Economía e Facenda de Lugo.

Etiquetas