Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Autorizan en Vilalba o derrube dun edificio na rúa das Pedreiras para humanizar a zona

Por 31 Outubro, 2020Sin comentarios

Concello de Vilalba está dacordo e autoriza á Xunta de Galicia a derrubar un edificio ubicado na rúa das Pedreiras para humanizar a zona.

O concello lle pasará ao IGVS nas próximas datas a memoria necesaria desde a administración local para facer os traballos, unha actuación importante xa que está na contorna da igrexa de Santa María e nunha zona de protección do Camiño de Santiago.

En concreto, a actuación consistirá no derrube dun edificio, que impedía ademais a contemplación da igrexa de Santa María, e a recuperación como espazo para a veciñanza dos terreos.

O concelleiro de Infraestruturas de Vilalba, Luis Fernández, espera ademais asinar un convenio de colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo para acometer nun futuro outras accións de rexeneración da zona.

A actuación que quere levar a cabo o concello inclúe medidas como a colocación dunha pérgola e de bancos para o descanso, a renovación da rede de saneamento, das beirarrúas e do firme na calzada. Unha rexeneración integral que servirá para poñer en valor o patrimonio cultural.

“Agradecemos a colaboración e boa disposición do IGVS, grazas ao esforzo das dúas administracións reurbanizaremos este espazo para a veciñanza de Vilalba”, explica Luis Fernández.