Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Lugo defende hoxe cifras que falan de control da pandemia

Por 2 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

Lugo defende hoxe cifras que falan de control da pandemiaTras días de moito temor polo aumento de novos contaxios na provincia de Lugo con máis 100 novos cada día, este luns o Sergas rexitrou un total de 39 novos enfermos e o que case non modifica a cifra de casos activos que se sitúa en 983, tres menos que onte. Axudou ademais de ter menos casos novos o feito de que se deron 41 altas.

Deste xeito, agora mesmo a provincia chega aos 3.388 casos do total de 4.468 que hai rexistrados en total dende o inicio da pandemia.

O peor dato do día son dous novos falecementos, que sitúan a cifra total acumulada en 98. Os falecidos eran usuarios da residencia de maiores de San Cibrao, ingresados no Hospital da Mariña, onde existe un gromo activo.

En canto ás persoas hospitalizadas na provincia hai unha máis con respecto ao domingo e son 38, das que 33 están en planta e 5 na Uci do Hula (unha máis que hai 24 horas).

Dos que se atopan en planta, a maioría son tratados no Hula (22), mentres que no Hospital da Mariña mantéñense catro pacientes e no de Monforte hai sete.

Repecto ao mapa da incidencia poucos cambios. Seguen en nivel vermello de alerta e Viveiro, Cervo, A Fonsagrada, Monforte e a propia capital.

En aviso laranxa continúan Burela, Bóveda e Cospeito, mentres que no chanzo amarelo están Foz, Palas de Rei, Monterroso, Guntín e Sarria. Chantada tamén volve situarse neste nivel 1, do que sae Antas de Ulla.

GALICIA

En Galicia a situación segue sendo preocupante pero tamén as cifras ofrecen un atisbo de esperanza. O último balance de novos casos dí que son 597, 200 menos que nos días previos. Vigo e Pontevedra son as áreas que concentran a maior incidencia con 155 e 109, respectivamente.

Na área sanitaria da Coruña e Cee detectáronse 104 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas; 87 na de Ourense; 55 na de Santiago e Barbanza; 48 na de Ferrol e 39 na de Lugo.

En canto aos casos activos, ademais de en Lugo descenderon nas áreas de Santiago e Barbanza, que conta con 1.360 (12 menos), mentres que aumentaron no resto. Vigo ten 2.072 (52 máis–), A Coruña, 1.575 (34 máis), Ourense, 1.299 (23 máis–), Pontevedra e O Salnés 1.049 (55 máis) e Ferrol, 954 (24 máis).

Ata a data curáronse en Galicia 27.752 persoas, o que supón 422 máis que a xornada deste domingo. Desde o inicio da pandemia contaxiáronse por covid-19 na comunidade galega 37.966 persoas.

Por outra banda, Galicia rexistrou ata o momento 923 falecidos con covid-19, o últimos nove notificados nas últimas horas, cinco deles procedentes de residencias de maiores.