Bonos consumo Vilalba

Vilalba entrega o Premio de Poesía e pecha o concurso de cabazas

Vilalba entrega o Premio de Poesía e pecha o concurso de cabazas Vilalba entrega o Premio de Poesía e pecha o concurso de cabazasFin de semana intenso para a cultura en Vilalba, no que se entregou por unha banda o premio do Certame Literario de Poesía de Vilalba a Xerardo Quintiá e se fixo a presentación do libro do gañador do ano pasado, de Miguel Barrera, poemario editado por Alvarellos.

Unha das citas imprescindibles do ano foi celebrada con moita tensión polas normas covid-19 postas en vigor durante a fin de semana pero non faltou a participación de afeccionados á literatura. No acto estiveron coa súa música e imaxes Lusco e Fusco, Corredores de Sombra, sexteto da Banda de Música de Vilalba, e a Marcos Escudero e Margarida Mariño, que representaron escenas recoñecidas por vilalbesas e vilalbesas a través de debuxos de area e música en directo.

CONCURSO DE SAMAÍN

Tamén houbo tempo para o concurso de Samaín, que consistiu en premiar as mellores cabazas realizadas polos veciños e que puideron verse nunha exposición na praza da Constitución.

Os gañadores foron e categoría adulta Fanya Prieto, Susana Cendán e Clara Naseiro. Entre os pequenos o primeiro premio foi para Hugo Sanjurjo, seguido de Breixo Pernas e Lucas Bello.

Etiquetas