Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAVilalbaZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O Iescha organiza unhas xornada museísticas no Mupav

Por 5 Novembro, 2020Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (Mupav), e a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, organizan as Xornadas Museísticas, que terán lugar os sábados 14 e 21 deste mes, na Biblioteca Municipal de Vilalba.

Participan nestas xornadas Eduardo Ramil Rego, Felipe Senén, Aurelia Balseiro García, Ángel Villa Valdés, Felipe Arias Vila e Hugo Lozano Hermida.

O programa dará comezo o sábado 14, de 12:00 a 14:00 horas coa confferencia de Eduardo Ramil Rego, director do Mupav, que falará de Os trinta anos do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba.

A segunda charla, co título Museos, presente e futuro, estará a cargo de Felipe Senén, arqueólogo e ex director do Museo Arqueolóxico da Coruña.

O sábado 21 están citados os participantes a unha mesa redonda, de 12:00 a 14:00 horas co título Museo de Arqueoloxía e Administración Local. Participarán Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Ángel Villa Vladés, arqueólogo do Museo de Arqueoloxía de Asturias. Felipe Senén, arqueólogo e ex director do Museo do Castro de Viladonga e Hugo Lozano Hermida, licenciado en Historia, na especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía e membro da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba.

Para poder cumplir da mellor maneira as medidas sanitarias derivadas da pandemia e poder organizar de xeito satisfactorio os aspectos derivados do aforo, ábrese hoxe e ata o martes 10 de novembro, inclusive, un período de preinscrición. Os interesados deberán remitir, ao correo do Iescha (estudoschairegos@gmail.com) o seu nome, apelidos e nº teléfono, así como para que día ou días solicita a súa asistencia.