Bonos consumo Vilalba

Lugo rexistra un novo crecemento de contaxios

Lugo rexistra un novo crecemento de contaxiosOs contaxios na provincia lucense continúan disparadas e volven subir ao rexistrarse nas últimas 24 horas 107 novos positivos, segundo datos facilitados polo Sergas, así, a área sanitaria de Lugo chegou aos 1.109 casos activos.

A presión hospitalaria tamén aumentou e son agora 53, cinco máis que onte. Cinco pacientes están na UCI do Hula e 30 en planta. No Hospital da Mariña continúan ingresadas 15 persoas e en Monforte 3. Mentres tanto, a cifra de curados ascende a 3.552 curados, 52 nas últimas horas, e o histórico de persoas contaxiadas dende o inicio é de 4.761.

Os falecidos continúan sendo 101.

Respecto aos niveis de alerta por concellos, a situación empeora. Non se rexistran cambios no nivel máximo de alerta e continúan en vermello Lugo, Monforte, Viveiro, Cervo e Burela.

En laranxa atópanse Palas de Rei  e Chantada e agora súmase Guntín, que estaba no nivel 1 de alerta. Bóveda é o que mellora e baixa a nivel amarelo.

No nivel de alerta amarelo seguen Xove, Foz, A Fonsagrada, Outeiro de Rei, Pedrafita, e incorpóranse Vilalba, Cospeito e O Valadouro.

GALICIA

Pola súa banda, a comunidade superou os 10.000 casos activos de coronavirus tras situarse con 10.196 este venres tras 685 novos contaxios, dos que 154 son da área de Vigo e 153 da Coruña. Ademias, 92 persoas enfermaron en Pontevedra; 61 en Santiago, 60 en Ourense e 58 en Ferrol.

Tamén aumentaron as altas con 412 máis; os casos activos, que son 301 máis, e as persoas falecidas, 9 máis.

Respecto aos casos activos soben en todas as áreas sanitarias agás en Ourense, onde baixan a 1.131 –21 menos que este xoves– e na de Santiago e Barbanza, que se manteñen en 1.338.

Ata a data Galicia rexistrou 40.540 persoas contaxiadas por covid-19 e 29.376 persoas curadas, o que supón 412 máis que este xoves.

Na última xornada tamén se rexistraron nove vítimas mortais máis que fai que o total ascenda a 969, tres delas eran usuarios de  residencias.

Etiquetas