Xermade concede axudas a 14 entidades veciñais e culturais

A Xunta de Goberno de Xermade resolveu as peticións de subvencións presentadas por 14 entidades sen ánimo de lucro do termo municipal para axudar a sufragar os gastos de organización de distintas actividades e proxectos.

O Concello repartirá un total de 7.300 euros en partidas que oscilan entre os 350 e os 600 euros. O Concello deu o visto bo a todas as peticións presentadas pero estas entidades deberán presentar estes días as xustificacións de gastos.

As entidades benficiadas son as asociacions veciñais de San Xulián de Cazás, Xaravigo de Miraz, AcCasanova de Roupar, San Estevo, a de Cabreiros, a de O Campo de Roupar, a de Burgás e a de Piñeiro. Tamén reciben subvencións as mulleres rurais Saudade, Amuraxe a as de Roupar, así como a asoaciación cultural Axóuxere, o Consello de maiores de Momán e os Roteiros da Carba.

Algunas das actividades obxecto da axuda son cursos, excursións, rutas de sendeirismo, obradoiros de manualidades, envellecemento activo, pintura, zumba e memoria, no relativo ás actividades; e as celebracións de San Xoán, Samaín ou o Entroido.

Etiquetas