Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

O Goberno presenta o plan para as estradas este inverno

Por 9 Novembro, 2020Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

O Goberno presenta o plan para as estradas este inverno

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou esta mañá o aumento de medios materiais para garantir o tráfico nas estradas estatais en condicións meteorolóxicas adversas. Pronunciouse así durante unha visita ao Centro de Conservación e Explotación de Estradas, pertencente ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, que se sitúa no Concello de Palas de Rei. Alí supervisou o equipamento desta instalación xunto coa subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez e o alcalde de Pas, Pablo Taboada.

O Goberno presenta o plan para as estradas este inverno

Javier Losada destacou que o Plan de Vialidad conta desde o 1 de novembro con 102 camións quitaneves, sete máis que o ano pasado. Ademais, disponse de 3.200.000 litros de salmoira (100.000 máis que na anterior campaña) e 20.400 toneladas de sal. Ambas as cantidades, almacenadas en silos, son as correspondentes ás provisións iniciais e poderán ser aumentadas a medida que discorra o inverno.

Por último, en canto ao persoal implicado, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, a través da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, conta con 306 persoas de mantemento dispoñibles das que 186 son condutores especializados en quitaneves; 42, encargados e técnicos; e 78, operarios. A eles poderanse sumar, cando sexa preciso, os 900 axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e o persoal da Dirección Xeral de Tráfico na Comunidade.

O obxecto do Plan de Vialidad é establecer a organización e os procedementos de actuación dos servizos, medios e recursos da Administración Xeral do Estado dispoñibles no ámbito de Galicia e que, #ante a predición de precipitacións en forma de neve ou outras situacións meteorolóxicas extremas, resulte necesario mobilizar para asegurar a vialidad de circulación na Rede de Estradas do Estado (2.500 quilómetros sumando autoestradas –AP-9 e AP-53–, autovías e estradas convencionais).

O Goberno presenta o plan para as estradas este invernoProvincia de Lugo

Durante a visita, o delegado do Goberno supervisou os medios e o procedemento de actuación no Centro de Conservación e Explotación de Estradas de Pas. Esta instalación, situada xunto á N-547, dá servizo á zona sur e oeste da provincia de Lugo e nela están dispoñibles 11 camións quitaneves, 2.000 toneladas de sal (1.500 almacenadas no centro e 500 en cinco silos distribuídos nas vías deste sector) e 413.000 litros de salmoira en catro plantas.

O delegado lembrou que no conxunto da provincia de Lugo están xa listos para o seu uso 44 camións quitaneves, catro máis que o pasado inverno, ademais de 9.300 toneladas de sal e 2,5 millóns de litros de salmoira. Estes medios son manexados polos 124 operarios de mantemento de estradas distribuídos nos catro sectores de conservación da provincia. “En Lugo damos servizo a 760 quilómetros de vías, con zonas de alta complexidade técnica”, apuntou Javier Losada.