Skip to main content
A PastorizaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Reparan a estrada que vai da Pastoriza a Aldurfe

Por 9 Novembro, 2020Sin comentarios

Reparan a estrada que vai da Pastoriza a AldurfeOperarios da Deputación Provincial de Lugo están a traballar nas obras de rehabilitación do firme da estrada que vai da gasolineira da Pastoriza ata o cruce coa estrada provincial de Paraxes a Aldurfe, na parroquia da Guarda.

Trátase dunha obra que foi solicitada polo Concello debido ao mal estado no que se atopaba este tramo da estrada, unha vía principal de comunicación, moi utilizada polo servizo de transporte escolar.

Son preto de 3 quilómetros de titularidade municipal que contarán cunha gan mellora trala limpeza de cunetas, o rebacheo e a instalación dun sistema de triplo rego asfáltico.