Bonos consumo Vilalba

Arrinca o programa de asesoramento Plan Vive As Pontes

Arrinca o programa de asesoramento Plan Vive As PontesXa está en marcha o Plan Vive as Pontes, un servicio de asesoramento gratuíto para todas as pymes e autónomos locais.

Un equipo de máis 30 profesionais forman un grupo multidisciplinar que estarán ao servizo das firmas das Pontes para asesorar e acompañar en calquera tema relacionado coas áreas económica e laboral, xestionando plans de acompañamento individualizado que axuden na procura de financiamento e/ou na procura de solucións para o mantemento do emprego vinculado.

Trátase dun servizo incluído no programa Invest In Cities, do que os interesados poden informarse na área de emprego municipal e a través do que se tenta atenuar o impacto da difícil situación socioeconomica derivada da covid-19 na industria e o emprego local.

O acceso ao servizo está operativo a través do banner situado na páxina web do Consistorio www.aspontes.org.

Etiquetas